miércoles, 15 de marzo de 2017

SALTOS Á CORDA


Saltos á corda
Saltar á corda é un dos xogos máis populares e, á vez, un dos exercicios físicos máis completos. A súa práctica ten grandes beneficios para nós:
-É un exercicio estupendo para queimar calorías.
-Estás en boa forma física.
-Axuda a ter mellor coordinación de brazos e pernas.
-Mellora o equilibrio, a velocidade e a axilidade.
-Logras ter un bo sentido do ritmo.
-Mellora a orientación espacial.
-Fortalece o sistema cardiovascular (que fai circular o sangue polo corpo).
Saltar por saltar pode parecernos canso e aburrido, pero se forma parte dalgún xogo, xa veredes que é unha forma divertida de facer algo de exercicio. Así que a saltar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario